CONDICIÓNS DE USO DO PORTAL DE INTERNET CVAsis.COM
CVAsis.com, paxina persoal de Diego Boquete Sánchez (DBS), ofrece os servicios e información que no mesmo se detallan e que se poñen gratuitamente a disposición de todas as persoas que accedan (usuario). As presentes condicións xerais rexen a utilización do CVAsis.com por parte dos usuarios que accedan ó mesmo.
O acceso a
CVAsis.com
implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso e o
usuario comprométese a non utiliza-lo CVAsis.com nin os servicios que se
ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a
respectar as presentes condicións xerais.
PRIMEIRA: CVAsis.com foi creado como escaparate da clínica veterinaria do
meu irmán e compañeira. Os servicios e contidos
son postos á súa disposición en CVAsis.com tanto por DBS coma por terceiros
usuarios do mesmo ou por provedores de servicios e de contidos. DBS resérvase o
dereito a modificar de xeito unilateral en calquera momento e sen ser preciso un
aviso previo a configuración de CVAsis.com así coma ás condicións de acceso ós
servicios que no mesmo se poñen a disposición do usuario ou usuaria.
SEGUNDA: As condicións de acceso e uso de CVAsis.com réxense estrictamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o usuario a realizar un bo uso do CVAsis.com e dos servicios que no mesmo se poñen á súa disposición. Quedan por tanto prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual...
DBS poderá interromper en calquera momento o acceso ó CVAsis.com se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais.
O acceso a CVAsis.com ten un carácter gratuíto para todos os usuarios e non esixe un rexistro previo dos mesmos. Sen embargo para a utilización por parte do usuario de determinados servicios si se precisará o rexistro mediante a introducción de datos básicos do usuario. Este rexistro realizarase mediante a introducción voluntaria dos datos por parte do usuario e a libre elección polo mesmo dun nome de usuario e un contrasinal.
TERCEIRA: Os contidos incorporados a CVAsis.com son elaborados e incluídos por DBS utilizando fontes internas e externas, de tal xeito que DBS só se fai responsable dos contidos elaborados de forma interna; polos usuarios, ao través de colaboracións ou introducción voluntaria de contidos, sendo estes os únicos responsables dos mesmos e quedando expresamente exento DBS de toda a responsabilidade que se poida derivar dos mesmos ou por persoas físicas e xurídicas alleas a DBS, ben a través de colaboracións que se insiran directamente en CVAsis.com, ben a través de enlaces ou links, sendo estas as únicas responsables dos contidos así introducidos e quedando expresamente exenta DBS de toda responsabilidade que poida derivarse dos mesmos.
Ademais ao través do CVAsis.com ponse a disposición do usuario productos e servicios tanto de DBS como de terceiros destinados a ser comercializados e que estarán suxeitos ás condicións xerais e particulares de cada un dos mesmos. DBS non garantiza a veracidade, exactitude ou actualidade dos contidos de CVAsis.com e queda expresamente exenta de todo tipo de responsabilidade polos danos e perxuizos que poidan derivarse da falta destas características.
Os usuario que desexe establecer un hiperenlace no seu sitio web a CVAsis.com non realizará un uso ilegal ou contrario a boa fe das informacións, servicios ou productos postos a disposición en CVAsis.com
DBS non será responsable en ningún caso dos contidos ou servicios da web do usuario onde se inclúa un hiperenlace ou link a CVAsis.com ou dos links que se introduzan a outros sitios web en CVAsis.com.
CUARTA: O usuario rexistrado comprométese a realizar un uso dilixente das claves de acceso sendo responsable da seguridade e confidencialidade das mesmas e tendo a obrigación e a exclusiva responsabilidade de gardalas e custodialas en lugar seguro co fin de impedilo acceso a terceiros non autorizados. O usuario comprométese ademais a comunicar a DBS, á maior brevidade posible a perda, roubo ou calquera outra incidencia que se derive ou poida derivarse nun risco para a confidencialidade dos datos por el aportados.
QUINTA: Ademais das exencións de responsabilidade que figuran en cláusulas concretas das presentes condicións xerais, DBS non será en ningún caso responsable de:
Dos erros que puideran producirse nas comunicacións, borrado ou transmisións incompletas de maneira que non se garante que os servicios do sitio web estean constantemente operativos é dicir, DBS non garante a absoluta dispoñibilidade e continuidade do funcionamento de CVAsis.com e dos servicios que se ofrecen, tampouco garante a absoluta dispoñibilidade e corrección dos links ou hiperenlaces que figuran en CVAsis.com. DBS queda exento por medio da aceptación das presentes condicións xerais de toda responsabilidade que se poida derivar desta falta de dispoñibilidade ou continuidade no funcionamento de CVAsis.com.
Da producción de calquera tipo de dano que os usuarios ou terceiros puidesen ocasionar tanto en CVAsis.com como a través del, reservándose DBS o dereito a suspendelo acceso sen previo aviso de forma discrecional e con carácter definitivo ou temporal ata estar seguro da efectiva responsabilidade deses danos. Asemade, DBS colaborará e notificará á autoridade competente estas incidencias no momento en que teña coñecemento seguro de que os danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilícita.
Dos contidos introducidos polo usuario ou por terceiros provedores, en canto DBS teña coñecemento seguro da existencia de contidos ilícitos retirará os mesmos e notificará e colaborará cas autoridades competentes no que sexa necesario co fin de esclarecer a orixe deses contidos. DBS non controla exhaustivamente os contidos e servicios ofrecidos por terceiros en CVAsis.com pero reservase o dereito a denegar o acceso e a retirar os contidos cando considere que incumpren obrigacións legais e a poñelo en coñecemento das autoridades competentes.
Da utilización que o usuario faga dos servicios e contidos de CVAsis.com e en concreto da utilización que se faga das listas de distribución e foros de discusión ós que se pode acceder ao través de CVAsis.com concretamente, no relativo a utilización destas listas e foros para enviar publicidade non consentida.
Dos servicios prestados por terceiros ao través de CVAsis.com quedando exenta expresamente DBS de todo tipo de responsabilidade que se derive da falta de calidade, inexactitude ou calquera incumprimento relacionado cos mesmos.
SEXTA: Queda prohibida a utilización allea por calquera medio da marca CVAsis.com incluíndo tanto o nome coma o logotipo salvo consentimento expreso de DBS, quedan reservados todos os dereitos. Ademais en CVAsis.com, os contidos propios, a programación e o deseño atópanse plenamente protexidos polos dereitos de autor, pero poderá utilizarse, reproducirse ou comunicarse por calquera medio todo ou parte do contido do CVAsis.com libre e gratuitamente sempre que se cite procedencia.
SÉTIMA: As presentes condicións xerais ríxense pola lexislación española. Toda controversia ou conflicto que se derive das presentes condicións xerais resolverase definitivamente, mediante arbitraxe dun ou máis árbitros no marco da Corte Española de Arbitraxe, de conformidade co seu reglamento e Estatuto, á que se encomenda a administración do arbitraxe e a designación do árbitro ou do tribunal arbitral. As partes fan constalo seu compromiso de cumprilo laudo arbitral que se dicte. Subsidiariamente para o caso de que esta vía non chegue a solucionar definitivamente o conflicto serán competentes para a sua resolución os Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela ou Ordes, renunciando expresamente o usuario ou usuaria a calquera outro fuero que puidera corresponderlle
OITAVA: No caso de que calquera cláusula
do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes
e se interpretarán tendo en conta as vontades das partes e a finalidade mesma
das presentes condicións.
DBS poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste
documento o que non implicará en ningún caso a renuncia ós mesmos salvo
recoñecemento expreso por parte de DBS.
Adaptación do aviso legal de u-lo.com para CVAsis.com feita por DBS