|
2 de marzo··OnL··> Real Decreto de Acceso á Función Pública Docente (BOE) 23 de febreiro··CiG··> A Plataforma pola estabilidade no emprego entrevístase co BNG e co PSOE 8 de febreiro···OnL··> Concentración en Santiago de Compostela Modificacións ao borrador do Decreto de Acceso e Instrucións sobre a súa aplicación
22 xaneiro···OnL··>
Acordos da Asemblea da
Plataforma pola Estabilidade. Recórdovos, esto xa a nivel persoal, non de asemblea, que podemos pedir horas ou incluso o día para ir a esta concentración. É importante que comecemos forte ou a consellaría non nos vai facer nin caso. Engádovos un enlace ao comunicado que sobre a Asemblea colgou na páxina a Asociación do PNNs de Galicia: Baixa o comunicado e cólgao no teu centro, repárteo entre os interinos, substitutos e mestres do teu centro
A PLATAFORMA POLA
ESTABILIDADE
(CIG- ENSINO, FETE-UGT, STEG,
ASOCIACION PNNs)
CONVOCA
ASEMBLEA
PARA TODO O PROFESORADO
INTERINO E SUBSTITUTO
O SABADO 20 DE
XANEIRO
AS 11 DA MAÑA
NO IES MONTE DE
CONXO (Santiago de Compostela)
Para tratar os seguintes
temas:
Dada a importancia dos temas
agardamos a túa participación para decidir as medidas a
tomar.
Un saúdo cordial. 29 nadal···OnL··> Borrador Temarios Oposicións de Primaria 23 novembro···OnL··> Terceiro Borrador de Real Decreto de Acceso a la Función Pública Docente 24 nadal···OnL··Papá Noel··> Ao fin cobraremos os trienios. 11 novembro···OnL··> Xa era hora. O grupo parlamentar do BNG presentou unha proposición non de lei e unha comparecencia en comisión da conselleira de educación en relación coa estabilidade do profesorado interino.
8 novembro···OnL··> Segundo Borrador de Real Decreto de Acceso a la Función Pública Docente
16 de outubro···OnL··> Inclúo nota da páxina da Asociación dos PNNs de Galicia coa que na súa maioría estou en acordo.ASOCIACIÓN DO PROFESORADO NON NUMERARIO DE GALICIA 11-10-2006 Na Asemblea celebrada en Santiago o 7/10/2006 acordouse trasladar a reunión da Plataforma pola estabilidade formada por CIG-Ensino, FETE-UXT, STEG e Asociación PNNs, as seguintes propostas: 1.- Solicitar unha entrevista coa conselleira para reabrir as negociacións de estabilidade do profesorado non numerario. 2.- Pedir unha entrevista cos representantes dos grupos políticos do parlamento Galego. 3.- Apoiar o comunicado da Plataforma estatal con respecto o borrador do Real Decreto de Acceso. 4.- Concretar un modelo de único de proposta de estabilidade. Tamén se propuxo apoiar soamente os sindicatos que forman parte da Plataforma nas próximas eleccións sindicais. O día 10 de Outubro reuníronse os membros da Plataforma en Santiago. Nesta reunión aceptáronse por unanimidade as propostas 1ª, 2ª e 4ª, a 3ª solo por maioría. Ademais decidiuse convocar asembleas comarcais en todo Galicia do 6 o 10 de Novembro, co obxectivo de concretar a proposta de estabilidade en Galicia e informar das negociacións ate ese momento. Estade atentos as datas, lugares e horas das asembleas. E importante asistir para que se escoite a túa proposta.
5 de outubro···OnL··> Asemblea de Interinos en Santiago de Compostela
26 de setembro···OnL··> Asembleas da CiG para os Interinos e Interinas
16 agosto···OnL··> Borrador de Real Decreto de Acceso a la Función Pública Docente
xullo···OnL··> "Negociacións" sobre a estabilidade. Tal como todo parecía indicar CCOO, ANPE e CSI-CSIF vendéronnos e firmaron a addenda... non sei que dicir, todo o que diga xa o dixen nas asembleas, pero o importante é que pensemos que temos que continuar, o que xa non sei e como nin cando, de verdade estou feito un lío, como pensamos cambiar a opinión da administración cando imos á folga un porcentaxe moi mínimo, cando nos manifestamos un porcentaxe aínda menor, cando os sindicatos (CCOO, ANPE e CSI-CSIF) véndennos completamente, cando outro sindicato (FETE-UXT) vai e ven... en fin que non sei, estou feito unha merda, e perdón pola palabra, bueno despedirme dando as grazas á CIG-Ensino (son afiliado) e a STEG polo seu apoio, non conseguimos nada pero seguiremos na loita, ou iso espero, vémonos na próxima asemblea... se podo ir.
22 de xuño···OnL··>
Ante as dúbidas recordamos o dito en Mesa
Sectorial. 21 de xuño···OnL··> Martes ás 10 horas concentración en San Caetano (Compostela). Mesa Sectorial. Mobilizacións···11 de xuño ···OnL··> A Consellaría rompe as negociacións... Martes, 20 de xuño Folga Se non vas a folga e a manifestación
despois non chores
Participa e loita
O peche continúa activo, xa
estiveches pechado??
Mobilizacións···8 de xuño ···OnL··> A Consellaría rompe as negociacións... Venres, 9 de xuño ás 18 horas Asemblea Importantísima no IES Rosalía de Castro onde seguimos Pechados A Consellaría ROMPE as negociacións Martes, 20 de xuño Folga Se non vas a folga e a manifestación despois non chores Participa e loita
Na Mesa Sectorial de hoxe, 8 de xuño, a Consellaría de Educación retirou, coa complicidade de determinadas Organizacións Sindicais, todo o relativo á estabilidade.
Con
anterioridade á celebración da Mesa e a iniciativa da
CIG-ENSINO, a Plataforma reuniuse con UGT e ANPE, para
estudar unha proposta unitaria para presentar á Consellaría.
Nesa reunión acordamos defender unha posición unitaria das tres
organizacións concretada en demandar a negociación dun acordo de
estabilidade baseado na antigüidade e aberto, ao que se poida
acoller o profesorado que vaia reunindo os requisitos
estabelecidos. A CIG-ENSINO valora como totalmente inaceptábel a atitude da Consellaría que, malia recibir esta proposta maioritaria, negouse a continuar as negociacións. A proposta que defendemos na Mesa foi a seguinte:
Para a CIG-ENSINO é inadmisíbel que o PSOE a través da Consellaría de Educación continúe coa mesma política do anterior goberno do PP no relativo ao profesorado interino e non acepte unha proposta avalada polo 70% da representatividade sindical, negándose a estudar como arbitrar un mínimo de estabilidade no posto de traballo para un colectivo que ano tras ano, e nas peores condicións, vén realizando o seu labor. A CIG-ENSINO tamén lamenta a falta de firmeza das organizacións que respaldaban esta proposta ao entrar no xogo da Administración de negociar un documento en que non se recolla ningunha proposta de estabilidade. Esta postura, ademais de desdicirse do acordado na reunión previa á Mesa, supón apoiar a Consellaría para retirar do documento o punto central polo que se iniciaron as negociacións. Súmanse á postura de CCOO que se negou, desde o primeiro día, a negociar calquera aspecto da estabilidade do colectivo e que aplaudiu que a Consellaría continuase a negociación do documento unha vez retirado o tema da estabilidade, insistindo ademais na idoneidade de que se recolla como addenda ao acordo do 95. A CIG-ENSINO exixiu da Consellaría que non se peche a negociación. Nós, pola nosa banda, non damos por pechado o conflito que nos levou até o de agora a ter convocado tres folgas, e convocar unha máis para o vindeiro día 20, e vai manter as reivindicacións acordadas até agora. Non damos o tema por rematado, seguiremos exixindo que o PSOE cumpra, na Consellaría de Educación, o seu programa de goberno. Tamén facemos un chamamento á reflexión ás outras organizacións sindicais que hoxe se comprometeron a defender un acordo de estabilidade e, sorprendentemente, na Mesa mostráronse dispostas a asinar un documento ou a addendar o acordo do 95, aceptando a condición imposta pola Consellaría de retirar o único apartado que recollía a estabilidade, aínda que para un colectivo reducido. Postura imcompresíbel e inasumíbel para a CIG. Finalmente informar de que desde a CIG-ENSINO , tal e como se recollía na proposta de acordo da Plataforma, instamos á Administración á que aplique o pago das vacacións ao profesorado subsituto que reúna cinco meses e medio de traballo desde o vindeiro curso 2006-2007. AS MOBILIZACIÓNS CONTINÚAN. Mantense o peche indefinido e mañá venres, día 9 de xuño, ás 18 da tarde, terá lugar unha asemblea no IES Rosalía de Castro. Ademáis o vindeiro día 20 de xuño vaise convocar unha xornada de folga e unha nova manifestación.
Mobilizacións ···OnL··> Seguimos pechados e ademais... Martes, 6 de xuño ás 10:00, e coincidindo coa convocatoria dunha Mesa Sectorial concentración diante da Consellaría de Educación en San Caetano Mércores, 7 de xuño: Folga convocatoria de folga nos centros de ensino público para o profesorado interino e substituto manifestación ás 11:30 da mañá en Santiago saíndo do IES Rosalía de Castro onde seguimos Pechados 26 de Maio···OnL··> Mesa Sectorial do 26 de Maio. Eliminado o dos 0 e o das baixas que non computasen... que vos dicía na asemblea??. 25 de Maio...OnL··> ALTA PARTICIPACIÓN NA FOLGA DO 24 DE MAIO Onte rexistrouse de novo unha alta participación na xornada de folga convocada pola Plataforma (CIG-Ensino , STEG e Asociación de PNNs). As cifras de seguimento sitúannos por riba dun 60% de participación, tal e como acontecera na folga do día 3 de maio. Así mesmo, foi tamén moi alta a asistencia á concentración en San Caetano (máis de 1000 persoas) e á Asemblea posterior celebrada na Facultade de Ciencias da Educación. O feito de que se manteña nun alto nível a participación nas mobilizacións, a pesar dos desesperados intentos dalgún sindicato por boicotear as convocatorias de folga, nunha atitude inxustificábel e impropia dunha organización sindical, dá boa mostra da concienciación que existe a día de hoxe entre o colectivo. A folga e concentración tiñan como motivo a necesidade de modificar a postura actual da Consellaría de Educación, presentada por escrito na Mesa Sectorial do día 16 de maio. A Consellaría ten que cumprir o seu compromiso de negociar un acordo de estabilidade e non limitarse a propoñer modificacións como as que inclúe o texto citado. Debe, logo desta nova xornada de folga, tomar boa nota do rexeitamento que produce a súa primeira proposta entre o profesorado interino e substituto. Está a tempo de rectificar. Mañá, venres 26 de maio, celebrarase unha nova sesión da Mesa Sectorial para seguir coas negociacións. Ese será o momento de sabelo. CONVOCADAS NOVAS MOBILIZACIÓNS DO PROFESORADO INTERINO E SUBSTITUTO Na Asemblea celebrada onte despois da concentración tomáronse unha serie de acordos para proseguir cunha mobilización que semella cada día máis necesaria se queremos conseguir unha verdadeira negociación sobre estabilidade.
A participación de todo o profesorado interino e substituto nas mobilización acordadas vai ser a clave para conseguir o obxectivo que desde hai moito tempo se busca: a estabilidade. Está nas mans de todos e todas fortalecer as mobilizacións e forzar unha solución satisfactoria. MOBILÍZATE PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS PREVISTAS DIFUNDE ESTA INFORMACIÓN NO TEU CENTRO
16 de Maio···OnL··> Negociacións sobre o Acordo de Estabilidade. Ver Proposta Xunta COMEZAN AS NEGOCIACIÓNS SOBRE PROFESORADO INTERINO E SUBSTITUTO CUNHA PROPOSTA DA ADMINISTRACIÓN TOTALMENTE INACEPTÁBEL Na Mesa Sectorial de hoxe, 16 de maio, no terceiro punto da orde do día (“Regulación das condicións de traballo do persoal interino e substiuto“), a Administración fixo entrega dunha proposta totalmente inaceptábel para a CIG-ENSINO, principalmente porque non é unha proposta de ACORDO DE ESTABILIDADE e non atende a practicamente ningunha das demandas que se recollían na proposta da Plataforma de setembro de 2005. O documento da Consellaría limítase a facer unha serie de consideracións sobre:
Para a CIG-ENSINO o recollido nos anteriores apartados non supón moitas novidades sobre a situación actual, sendo mínimos os aspectos positivos. Unha vez que quedou claro que as mobilizacións do colectivo de interinos e substitutos provocaron o inicio das negociacións é o momento agora de facerlle ver á Consellaría o inasumíbel da súa primeira proposta e a necesidade dun ACORDO DE ESTABILIDADE. Para isto segue a ser fundamental a mobilización de todos e todas. Xogámonos moito. PARTICIPA ACTIVAMENTE NAS MOBILIZACIÓNS DO DÍA 24 DE MAIO DE TODO O PROFESORADO INTERINO E SUBSTITUTO FOLGA 24 de MAIO de 2006. CONCENTRACIÓN: 11:30 . SAN CAETANO A CONTINUACIÓN CELEBRARASE UNHA ASEMBLEA
4 de Maio···OnL··> Mestres e mestras fora da ESO. Aplicación LOE. Mestres e
Mestras na ESO No concurso para o curso 2006/2007 aplicarán a LOE Que, que quere dicir isto, pois que os mestres e mestras PROVISIONAIS, INTERINOS E SUBSTITUTOS non poderemos optar a prazas da ESO, claro está salvo Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. E que máis, pois que se nós baixamos de secundaria a primaria, haberá xente (moita) que pase de interina a substituta e de substituta a ... prefiro non dicilo. Noticia facilitada por ANPE e confirmada pola CIG-Ensino 4 de Maio···OnL··> Éxito da Folga-Concentración. Recortes de Prensa.Para ver o Exito da nosa folga-concentración só hai que ler os recortes de prensa... ao fin semella que comezamos a existir. Ánimo e a ver se comezan as negociacións con bo pé. 29 de abril···OnL··> FETE-UGT desconvoca a Folga. Non entendo nada, pero bueno, transcribo fidedignamente o que se le na páxina de FETE-UGT. O documento ao que se remiten é un fax de Mª Sol Fernández Sánchez (Secretara da Mesa Sectorial Docente non Universitaria) na que di "se transcorrida a primera quincena do mes de maio a negociación das retribucións non tivera chegado a acordo a Administración plantexaría na Mesa algunha proposta que permita abordar outros temas, empezando plo persoal interino" En fin, tentarei mantervos informados e informadas.
24 de abril···OnL··> Aviso de Concentración, Folga e Asemblea os mercores 26 de abril e 3 de maio. Despois da concentración celebrada o día 19 de abril diante da consellería houbo unha xuntanza do Secretario xeral de Educación e do Subsecretario xeral de persoal cos representantes da plataforma. Nesa reunión recordóuselle o compromiso que tiñan adquirido para empezar a negociar o tema da estabilidade a finais de xaneiro ou principios de febreiro, respondéndonos, que ata que terminen as negociacións sobre as retribucións do profesorado, que consideran un tema mais importante que a estabilidade, non abordaran a negociación da estabilidade. A Consellería di, que nos vai presentar unha proposta antes do final do curso, pero xa case estamos en maio, e non queda mais que un mes de curso. Cando a van presentar? Cando marchemos de vacacións? Ante a negativa a comezar XA as negociacións informóuselle que a plataforma vai a continuar coas mobilizacións previstas: - Concentración o mércores 26 de abril, as 12:00 h, diante da Consellería. Para a cal facemos un chamamento a ó profesorado a que participe. - Folga o mércores 3 de maio. Coas seguintes actividades: o Concentración as 12:00h diante da Consellaría. o Asemblea as 17:00h no IES Monte de Conxo, para decidir sobre as novas medidas de presión, no caso de non comezar as negociacións.
18 de abril···OnL··> Resultados
da Asemblea do 7 de abril.
5 de abril···OnL··> Nova Asemblea Profesorado interino e substituto en Santiago. Venres 7 de Abril ás 18h IES de Conxo (Santiago de Compostela) Para tratar os seguintes temas:
Convoca a plataforma formada por:
23 de marzo···Cig-Ensino··> Será a definitiva? Esperemos que si. Xa era hora.
18 de marzo···OnL··> Conclusións Persoais da Asemblea Profesorado interino e substituto.Seguimos como sempre, uns botando a culpa aos outros, dispersándonos... pero sin ir a polo que todos queremos un acceso diferenciado. E non o solucionemos botándolle á culpa aos Sindicatos, eles non teñen a culpa de que non nos decidamos a ir a polo que é noso. De todas formas ao final parece que quedou máis ou menos claro que se en 15 días a Consellaría non comeza a negociar voltaremos a reunirnos para xa poñer en limpo un catálogo de mobilizacións; así que estade atentos xa que se queremos lograr algo haberá que respostar... e se non o facemos despois non protestemos.
15 de marzo···OnL··> Asamblea Profesorado interino e substituto en Santiago.21 de novembro··OnL··> A CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN COMPROMÉTESE A INICIAR NEGOCIACIÓNS NO SEO DA MESA SECTORIAL DOCENTE NON UNIVERSITARIA A PARTIR DO MES DE XANEIRO PARA ACADAR UN ACORDO DE ESTABILIDADE PARA O PROFESORADO INTERINO E SUBSTITUTO DE GALIZA
Representantes da plataforma integrada polas organizacións sindicais CIG-ENSINO, UGT, STEG e a Asociación do Profesorado Interino de Galicia mantiveron, o día 21 de novembro, unha entrevista coa Conselleira de Educación co obxecto de exporlle a proposta de estabilidade desta plataforma para o profesorado interino e susbtituto de Galiza e urxir o inicio de negociacións no seo da Mesa Sectorial de ensino non universitario.
As reivindicacións desta plataforma, entre outras, céntranse en acadar un acordo de estabilidade para o profesorado interino, en conseguir un acceso á función pública docente diferenciado para o profesorado con servizos prestados á Administración educativa e facer extensivos a este profesorado todos os dereitos do resto dos funcionarios docentes (cobro dos meses de verán para quen teña traballado máis de 5 meses, cobro de trienios e sexenios, etc.).
A CIG-ENSINO valora como positivos os seguintes compromisos: 1.- compromiso explícito da Conselleira para iniciar negociacións na Mesa Sectorial docente non universitaria, a partir do mes de xaneiro, co obxecto de acadar un acordo de estabibilidade para o profesorado interino e substituto 2.- compromiso de negociar a oferta de emprego para o ano 2006 tendo en conta o profesorado interino para non poñer en perigo o seu posto de traballo 3.- compromiso para estudar a posibilidade de estender a este colectivo outros dereitos que teñen hoxe os/as funcionarios docentes (trato especial para o profesorado interino maior de 55 anos, dereito a cobrar os meses de verán con 5 meses traballados, posibilidade de cobrar un "suplemento" económico que "compense" os complementos de antigüidade -trienios e sexenios-, etc.) Un saúdo, CIG-Ensino |