Folga Xeral o 29 de setembro

Arredor de 1.200 delegadas e delegados da CIG conclúen que a reforma laboral e as outras medidas previstas só se poden frear coa mobilización

Delegados e delegadas da CIG analizaron, na asemblea nacional convocada pola central sindical este xoves en Compostela, as consecuencias desta reforma laboral, o retroceso nos dereitos da clase traballadora que se foron introducindo coas sucesivas reformas, desde 1980, e as medidas a adoptar para frear os ataques do neoliberalismo. A asemblea acordou reproducir estes debates en todas as empresas e centros de traballo, que a folga xeral e a mobilización é a única ferramenta que ten a clase traballadora para presionar e obrigar ao goberno á retirada desta e das outras reformas previstas –das pensións, da negociación colectiva...- e que a CIG, como proxecto sindical diferenciado, debe convocar as mobilizacións, o 29 de setembro, por separado de CCOO e UGT.

 

20 de xuño de 2010··> Ao fin... xa temos o Windows 7 en Galego, e esta vez tanto para versións 32 bits como para versión 64 bits. Descárgao xa desde OnL.

14 de xuño de 2010··> Queremos Galego chama a nais, pais e familias á “rebelión cívica” contra a “pregunta trampeada” sobre a lingua no proceso de matriculación en infantil. Descarga aquí o manifesto e o escrito para a consellaría de educación.

Xuño 2010··> Como notaredes acabo de tentar limpar un pouco a portada e darlle maior importancia á zona central onde maiormente van estar vídeos, espero que os poucos cambios que trouxo consigo esta limpeza non vos incomoden en demasía, por exemplo, perden posición as ligazóns ás radios e televisións. Un saúdo e grazas polas vosas visitas.Esta páxina é o proxecto dun primo meu, botarlle un vistazo... todo o que di é certo.

Esta páxina é o proxecto dun primo meu (Brais), botarlle un vistazo... todo o que di é certo, ou ao menos eso di el.

O portal galego da educación


Onosolar.com <····> Onosolar.es <····> Onosolar.gl <····> Onosolar.eu <····> Onosolar.net

Visita o histórico de novas de Onl

Envíame calquera nova, suxestión, enlace... que poda ou deba ser publicada.