|
17 de abril··Xunta··> Aclaracións da Consellaría ás oposicións 2007 2 de marzo··OnL··> Real Decreto de Acceso á Función Pública Docente (BOE) 26 de febreiro··OnL··> Real Decreto de Acceso á Función Pública Docente 23 de febreiro··CiG··> Aprobado no Consello de Ministros o acceso á función pública docente non universitaria sen ter pasado pola mesa sectorial do MEC 29 nadal···OnL··> Borrador Temarios Oposicións de Primaria 23 novembro···OnL··> Terceiro Borrador de Real Decreto de Acceso a la Función Pública Docente 8 novembro···OnL··> Segundo Borrador de Real Decreto de Acceso a la Función Pública Docente 16 agosto···OnL··> Borrador de Real Decreto de Acceso a la Función Pública Docente
22 de xuño de 2006
Ante as dúbidas
recordamos o dito en Mesa Sectorial.
26 de Abril de 2006
14 de Marzo de 2006
Oposicións Primaria convocadas.
Oposicións Secundaria convocadas.
Para constar como presentados ás oposicións para os/as interinos/as é suficiente coa realización da 1ª parte da 1ª proba, aínda que este criterio vaise revisar no novo modelo de convocatoria do ano que ven. (Información da CIG-Ensino, Mesa Sectorial).
E temos que volver a presentar toda a documentación para os méritos... Sen Comentarios.....
21 de Febreiro de 2006
Información da CiG-Ensino:
Hoxe, 21 de febreiro, reuniuse a Mesa Sectorial onde se tratou a oferta de emprego público no ensino non universitario para o ano 2006-2007. Achegámosche as propostas PROVISIONAIS feitas pola Consellaría de Educación: ENSINO PRIMARIO
ENSINO SECUNDARIO
ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS
CONSERVATORIOS
Un saúdo, CIG-Ensino.
26 de Xaneiro de 2006
Onte (martes 24) tivo lugar unha
reunión en Madrid entre a Ministra de Educación e as persoas
representativas das distintas Consellarías de Educación de varias
Comunidades Autónomas, entre elas Galiza. Nesta reunión acordaron
que para a convocatoria do concurso-oposición deste ano vaise
continuar aplicando a norma reguladora que estaba en vigor o pasado
ano, co cal de momento non hai mudanzas neste sentido. CIG-Ensino.
Na reunión da Mesa Sectorial do día 19 de xaneiro de 2006, ante o requirimento da CIG-Ensino a Consellaría informou de que si haberá oferta pública de emprego no presente ano, tanto en Primaria como en Secundaria. A oferta de especialidades e prazas vai ser negociada coas organizacións sindicais a comezos do mes de febreiro e os temarios van ser os mesmos que os de anos anteriores. En canto á modalidade pola que se van convocar as oposicións, caben dúas opcións: se a aprobación da LOE ten lugar no mes de febreiro (algo que se ve difícil), a convocatoria de oposicións faríase segundo o novo Real Decreto de acceso a desenvolver a partir da LOE. No caso de que se retrasase a aprobación da LOE habería que facer a convocatoria polo sistema en vigor até este momento (Real Decreto 334/2004). Disto tamén depende o número de prazas a ofertar, que sería maior no caso de que a convocatoria se realizase segundo o novo Real Decreto. A CIG-Ensino demandou que a negociación da oferta de emprego facilitara a estabilidade do profesorado interino, para o cal habería que negociar en paralelo a estabilidade deste profesorado. CIG-Ensino. |